martes, 7 de novembro de 2023

Resultados Ludo en Colexios

Tíñamos pendente a clasificación do Torneo Ludo.

Estamos moi contentos cos resultados xerais do Torneo e da actuación dos nosos equipos; Dominicos-FESD e Santo Domingo-FESD.

Grazas a todos por participar e parabéns aos campións do Coruña British International School.

Aquí están os resultados:

FASE PREVIA GRUPO A
1 DOMINICOS-FESD
2 COMPAÑÍA DE MARIA
3 FRANCISCANOS
4 SANTO DOMINGO-FESD
5 CASAS NOVOA 1
6 CALASANZ

FASE PREVIA GRUPO B
1 CORUÑA BRITISH SCHOOL
2 O GRAXAL
3 OROSO
4 CAMPOMAIOR
5 CASAS NOVOA 2

FASE FINAL
1 CORUÑA BRITISH SCHOOL
2 DOMINICOS-FESD
3 COMPAÑÍA DE MARIA
4 O GRAXAL
5 OROSO
6 FRANCISCANOS
7 CAMPOMAIOR
8 SANTO DOMINGO-FESD
9 CASAS NOVOA 1
10 CASAS NOVOA 2
11 CALASANZ











xoves, 26 de outubro de 2023

Torneo por colexios.

Nas bases indicabamos un máximo de 12 equipos e andamos xa por esas cifras, grazas a todos pola boa acollida.

Confirmamos presentación a partir das 16,00 e partidas a partir das 16,30

Equipos inscritos:

1. CEIP Arquitecto Casas Novoa 1

2. CEIP Arquitecto Casas Novoa 2

3. CEIP Campomaior

4. Oroso

5. Compañía de María

6. Coruña British School

7. O Graxal

8. Franciscanos

9. Calasanz

10. Dominicos 1

11. Dominicos 2



venres, 20 de outubro de 2023

Torneo por colexios

Finalizando o mes especial co motivo dos 40 anos de xadrez no Colexio Santo Domingo-FESD imos organizar unha competición por equipos de colexios, co apoio da Deputación da Coruña

A nosa intención é que desde 2024 a actividade se desenvolva nos primeiros meses do ano como preparación ao Campionato de España de Colexios.

Así que plantexamos este torneo como unha proba na que agardamos sexa a primeira edición dun torneo que siga a desenvolverse en anos futuros no primeiro trimestre do ano.

BASES DA PROBA

DATA CELEBRACIÓN: Sábado 28 de outubro de 2023.

HORARIO:

Presentación ás 16,00. Partidas ás 16,30/17,10/17,50/18,30/19,10/19,50. Clausura ás 20,30.

No caso de ser necesarias só 5 roldas o horario sería:

Presentación ás 16,30. Partidas ás 17,00/17,40/18,20/19,00/19,40. Clausura ás 20,20

LOCAL DE XOGO: Colexio Santo Domingo – Praza de Santo Domingo – A Coruña.

PARTICIPANTES: Poderán participar equipos formados por xogadores do mesmo colexio e que naceran en 2011 ou posteriores. Os equipos poderán ser dun máximo de 5 xogadores e en cada rolda xogarán 4. Un mesmo centro poderá inscribir un ou dous equipos. Solicitamos xogar co uniforme ou chándal do colexio.

Por temas de seguros será obrigatorio estar federado ou achegar coa inscrición certificado do colexio de estar cuberta a saída por póliza propia. 

RITMO DE XOGO: 

Partidas a 15 minutos + 3 segundos de incremento.

Non se concederá tempo nas xogadas ilegais. Perderase a partida con dúas xogadas ilegais.

SISTEMA: 

Sen saber a resposta a esta nova iniciativa, consideramos un máximo de 20 equipos que participarían deste xeito segundo o número real de inscritos:

Ata 6 equipos: Liga todos contra todos (5 roldas).

7 – 8 equipos: Dous grupos. Semifinal e final (5 roldas).

9 – 12 equipos: Dous grupos. Final. (6 roldas).

13 – 16 equipos: Catro grupos. Grupos de clasificación (6 roldas).

17 – 20 equipos: Torneo por sistema Suízo. 5 Roldas. 

PREMIOS: Haberá trofeos para os tres primeiros colexios clasificados e para cada un dos seus integrantes. O resto de participantes recibirá unha medalla.

COTA DE PARTICIPACIÓN: Gratuíta. Pídese a doazón dun quilo de pasta ou arroz por cada un dos integrantes do equipo.

Para inscribirse contacta co Whatsapp 654 60 37 16