mércores, 3 de decembro de 2014

VII TORNEO DE SEMIRRAPIDAS

O vindeiro luns o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) organiza no Sporting Club Casino o tradicional Torneo do Club Ludo.

A proba disputarase dende as 17,00 horas a un ritmo de xogo de vinte minutos por xogador.

Haberá dúas categorías; absoluta e sub14.

A cota de participación é de tres euros e todos os participantes terán un agasallo.

Os tres primeiros clasificados de cada categoría terán tamén un trofeo e ademais os mellores clasificados na categoría absoluta terán uns pequenos premios económicos:

1º Clasificado: 50€
2º Clasificado: 40€
3º Clasificado: 30€
4º Clasificado: 20€
5º Clasificado: 10€

Durante os primeiros días de decembro o CIDU realizará os derradeiros torneos da súa serie de torneos no Outono.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.